Skip to main content

O pasado venres 4 de novembro o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar visitou a Secretaría Xeral de Formación e Colocación para reunirse con Zeltia Lado, secretaria xeral, e Antía Guillén, subdirectora. A dito encontro acudiron Jose Amado, presidente da entidade; Jacobo López, directivo, e Sofía Toro, xerente.

Na reunión, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar presentou un proxecto para levar a cabo un Plan de Formación deseñado para cubrir as necesidades da industria do deporte, un proxecto consensuado coas empresas do sector. A boa acollida por parte da Xunta de Galicia leva a seguir dando pasos co firme obxectivo de poñer en marcha dito Plan de Formación o vindeiro 2023.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade xa ten asinado acordos con diferentes sectores productivos para financiar a formación para formar a persoas traballadoras ocupadas ou sen emprego, co obxectivo de impartir cualificación axustada á demanda laboral e dar resposta, deste xeito, ás necesidades de persoal que precisa o mercado de traballo impulsando, así, a competitividade.

Leave a Reply