Entidades Colaboradoras
Motivos para participar
Cando alá por 2021 tomamos a decisión de crear este organismo fixémolo coa total convicción da súa necesidade, e seguimos tendo a certeza de que a decisión foi a correcta e que temos ante nós unha gran oportunidade para o sector, contando cunha ferramenta que de verdade pode beneficiar a todas e cada unha das empresas e entidades que pertencen a industria do deporte galego.
Co noso traballo diario buscamos fomentar tanto a visibilidade, como cooperación e colaboración entre empresas e entidades do sector, favorecendo a xeración de sinerxías que fagan medrar a industria galega do deporte. As nosas aportacións ao sector pretenden estar ligadas aos seguintes eixos:
- INFLUENCIA
- PROPOSTAS
- VISIBILIDADE
- PRESTIXIO
- ACCESO AO COÑECEMENTO
- INFORMACIÓN
2,5% do PIB galego
+12.000 postos de traballo
+2.000 empresas no sector
Principais subsectores da industria do deporte
Xestión
deportiva
Entidades
deportivas
Innovación e
tecnoloxía
deportiva
Fabricación/venda
artigos deportivos
Construcción,
deseño e/ou
mantemento de
instalacións
A nosa misión
O noso obxectivo
Quen pode participar
As empresas, entidades e institucións que teñen cabida neste clúster están relacionadas coa:
-
Investigación e innovación deportiva.
-
Formación e prestación de servizos deportivos.
-
Organización e xestión de eventos deportivos.
-
Xestión de instalacións deportivas.
-
Arquitectura e enxeñería relacionadas co ámbito deportivo.
-
Industria textil destinada á actividade deportiva.
-
Construción, instalación e mantemento de infraestruturas deportivas.
-
Deseño e comercialización de produtos deportivos.
-
Xestión e explotación do turismo deportivo.
-
Náutica e deportes acuáticos.
-
Eficiencia enerxética e aforro de enerxía.