O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa empresas, entidades deportivas, administracións públicas, centros de coñecemento e outros axentes vinculados ao sector co obxectivo de impulsar o crecemento, a innovación e a profesionalización da industria deportiva en Galicia.
Traballamos para consolidar un ecosistema forte e colaborativo, que permita mellorar a competitividade das entidades asociadas, fomentar a práctica deportiva e promover hábitos de vida saudables na sociedade galega.
Obxectivos principais
- Fortalecer o tecido empresarial galego do deporte e o benestar, impulsando a cooperación entre entidades.
- Promover a innovación e a modernización do sector mediante proxectos tractores, programas de apoio a startups e iniciativas conxuntas.
- Favorecer a práctica deportiva e os hábitos saudables, posicionando a actividade física como un piar fundamental do benestar social.
- Representar os intereses do sector diante das administracións públicas e outros organismos, contribuíndo ao deseño de políticas públicas.
- Xerar coñecemento e visibilidade, mediante estudos, informes e accións de comunicación que poñan en valor o impacto económico e social do deporte.
Un punto de encontro para o sector
O Clúster funciona como unha plataforma de colaboración onde empresas, entidades e institucións traballan xuntas para dar resposta aos retos comúns e aproveitar oportunidades de desenvolvemento.
A través de proxectos colectivos, formación, internacionalización, innovación e promoción, contribuímos a que Galicia sexa un referente no ámbito deportivo e do benestar.
