Skip to main content

Preinscrición

O CLÚSTER GALEGO DA INDUSTRIA DO DEPORTE E O BENESTAR, segundo aprobaou a súa Asemblea Xeral en decembro de 2022, ten adaptado a contía das cotas en función do tamaño da empresa, seguindo as pautas da Comisión Europea sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (6 de maio de 2003).

Así, as cotas do 2023 quedan do seguinte xeito:

  • 90€ (MICROEMPRESA) – Empresa con menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
  • 300€ (PEQUENA EMPRESA / CLUBS / ASOCIACIÓNS) – Empresa con menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
  • 750€ (MEDIANA EMPRESA / FEDERACIÓNS TIPO 1) – Empresa con menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non supera os 50 millóns ou cuxo balance xeral anual non supera os 43 millóns de euros. Federacións con menos de 10.000 licencias.
  • 2.000€ (GRAN EMPRESA / FEDERACIÓNS TIPO 2 / CLUBS PROFESIONAIS) – Máis de 250 persoas e/ou cuxo volume de negocios anual sexa maior a 50 millóns de euros ou o seu balance xeral anual sexa maior de 43 millóns. Federacións con máis de 10.000 licencias.

Amais, establecese una cota para aquelas empresas que queiran apoiar dun modo significativo á consolidación e crecemento do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, convertíndose en asociados patrocinadores da entidade.

  • Honorario – 6.000€
  • Honorario Premium – 9.000€