Skip to main content

O pasado mes de novembro, concretamente o día 23, o Parlamento Europeo o Informe sobre a Política Deportiva da Unión Europea: evaluación e posibles camiños a seguir. Este é un traballo, que conta cunha serie de recomendacións sobre o futuro do deporte de competición e a actividade física, foi elaborado por Tomasz Frankowski e contou coa participación de EuropeActive.

O informe recalca a importancia do deporte en diferentes campos, como a propia política, a xuventude, a economía, a educación e, por suposto, a saúde, entre outros. Este informe insta á Unión Europea a integrar a política deportiva noutras políticas da UE.

A Comisión que elaborou o informe considera fundamental impulsar a cooperación e colaboración entre as diferentes institucións europeas que apostan polo deporte. Deste xeito, apunta nas seguintes direccións:

– Cooperar de xeito estruturado con todos os axentes involucrados no deporte co fin de ofrecer resultados responsables.
– Pronunciarse sobre o futuro do deporte en relación aos obxectivos estratéxicos da UE.
– Reforzar a visibilidade do deporte a nivel de política europea.
– Promover a participación do Parlamento para xerar debates sobre política deportiva.
– Dar pasos cara unha política deportiva da Unión Europea.
– Desempeñar un papel máis activo na diplomacia deportiva.

Na presentación do informe, Tomasz Frankowski, sinalou que o deporte debe ser para todos os cidadáns, non discriminatorio, igualitario e inclusivo, amais de ser unha excelente ferramenta na inclusión social e na construción dun futuro innovador, equilibrado e sustentable. Para isto, lembrou que se necesitan máis fondos para acadar estes obxectivos.

 

CONSULTA O INFORME AQUÍ

Leave a Reply