Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar segue coa súa rolda de reunións coas adminitracións locais e agora foi a quenda do Concello de Santiago de Compostela. Nesta ocasión Jose Amado e Sofía Toro acudiron a reunión de traballo acompañados por Antón Antelo, de Multiusos Fontes do Sar. No encontro coa concelleira de deportes, Pilar Lueiro, tamén participou Juan Garabato, técnico de deportes do Concello.

Ambas entidades acordaron seguir traballando para poñer en marcha proxectos de investigación e de promoción do deporte co fin de seguir construíndo unha sociedade modélica en canto a práctica deportiva.