Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar continúa traballando como representante do sector, iniciando proxectos beneficiosos para o conxunto da industria do deporte e facendo propios os intereses das empresas que conforman o conglomerado empresarial do deporte. Nesta liña de traballo, durante este mes de setembro, a entidade presidida por José Amado está a comezar unha rolda de reunións de traballo con administracións locais.

Nestes encontros o obxectivo é iniciar unha colaboración que remate en proxetos de investigación e de promoción de actividade física amais de amosarse como un interlocutor válido que represente á industria do deporte.

Esta semana o Clúster visitou o concello de Lugo, onde foi recibido polo concelleiro Jorge Bustos. A estas reunións coas administracións a entidade quere estar acompañada por empresas asociadas, deste xeito, en Lugo formou parte do encontro Roberto Ramos, de BeOne, e en Santiago, Antón Antelo, de Multiusos Fontes do Sar.