Skip to main content

O Clúster Alimentario de Galicia e o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizan esta xornada que contará con relatorios, mesas redondas e unha visita guiada ás instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A nutrición deportiva está experimentando un cambio radical. Isto débese ao auxe do consumidor activo nun segmento de mercado en expansión e remodelación, así como ao pulo que supón a innovación a través de novos ingredientes e formatos adaptados aos requerimentos específicos para a mellora do estado físico e do rendemento.

Nesta liña Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e o Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia organizan esta xornada interclúster o 28 de outubro de 10.00- 14.00 horas nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, en Pontevedra.

Programa e obxectivos da xornada

O evento mostrará as últimas innovacións no desenvolvemento de novos produtos e analizará os requirimentos nutricionais e as prácticas de alimentación aplicadas á mellora do rendemento deportivo.

Esta xornada enmárcase nos grupos de traballo relacionados coa innovación e a transferencia de coñecemento que promoven ambos clústeres, creando un espazo híbrido da industria alimentaria e a do deporte. Concretamente, no caso de Clusaga trátase dunha actividade do GT1 – Alimentos e ingredientes innovadores, seguros e saudables adaptados ás tendencias de consumo.

O obxectivo da xuntanza é facilitar o networking para a xeración de ideas innovadoras e de colaboracións entre os distintos axentes do ecosistema galego, permitindo posicionar a Galicia coma rexión provedora de alimentos innovadores, saudables e á vangarda do deporte.

Inscrición

A participación neste evento é aberta baixo inscrición previa, que poderá formalizarse nesta ligazón ata o 27 de outubro ás 15.00 horas. Para máis información, pode consultar o programa da xornada ou contactar con Clusaga no correo info@clusaga.org e no teléfono 981 55 60 62.


Programa Xornada Nutrición deportiva

Leave a Reply