Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar
¿Por qué a creación dun Clúster para a industria do deporte en Galicia?
Socios Honorarios do Clúster












Motivos para participar
A COVID-19 está tendo un impacto enorme no sector do deporte. Está poñendo en risco de desaparición o tecido que forma a nosa industria. En Galicia temos un grupo de empresas que son líderes a nivel nacional que, xunto cun interesante grupo de profesionais, deciden xuntarse para apoiar ao sector. O clúster é a fórmula ideal para:
- Creación dun informe sectorial que nos poña en valor cando se toman decisións.
- Construir as plataformas internacionais para saír ao exterior a aprender, a ensinar e a vender…
- Conectar a todos os proxectos deportivos innovadores do sector.
- Axudar ás empresas asociadas a desenvolver os seus proxectos (prioritariamente o acceso aos Fondos Europeos).
2,5% do PIB galego
+12.000 postos de traballo
+2.000 empresas no sector
Principais sectores da industria do deporte
Naútica e deportes acuáticos
Equipamento deportivo
Organización de eventos
Textil deportivo
Construción de instalacións deportivas
Xestión de instalacións
Innovación e tecnoloxía deportiva
Turismo Deportivo
Produtos Deportivos
Mantemento e aforro enerxético
Arquitectura e enxeñería
Formación e prestación de servizos
A nosa misión
Situar ao sector do deporte galego nunha posición de liderado competitivo a nivel global, contribuíndo ao progreso e á calidade de vida da nosa contorna coa sotibilidade como referente.
O noso obxectivo
Propoñer plans conxuntos que beneficien ao sector e ás empresas integrantes do clúster, incentivando a activación e desenvolvemento do tecido industrial deportivo galego.





Quen pode participar
As empresas, entidades e institucións que teñen cabida neste clúster están relacionadas coa:
- Investigación e innovación deportiva.
- Formación e prestación de servizos deportivos.
- Organización e xestión de eventos deportivos.
- Xestión de instalacións deportivas.
- Arquitectura e enxeñería relacionadas co ámbito deportivo.
- Industria textil destinada á actividade deportiva.
- Construción, instalación e mantemento de infraestruturas deportivas.
- Deseño e comercialización de produtos deportivos.
- Xestión e explotación do turismo deportivo.
- Náutica e deportes acuáticos.
- Eficiencia enerxética e aforro de enerxía.
Empresas que xa forman parte do Clúster























































Oficina
- C/ Cantón Pequeño 13-14º, A Coruña.
- 698 14 52 18
- comunicacion@industriadeporte.gal


