Skip to main content

O equipo directivo do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar vén de anunciar a incorporación de Sofía Toro Prieto-Puga como nova XERENTE da entidade.

Desde a creación do Clúster un dos nosos obxectivos prioritarios sempre foi era dotar á entidade dun equipo profesional que traballase polo ben común do sector. Nesta liña encaixa a chegada de Sofía Toro, que desde hoxe mesmo porase ao servizo do sector para, entre todos, acadar os obxectivos de posta en valor da importancia da industria do deporte na economía galega.

Sofía Toro é Graduada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte cun Máster en Dirección e Xestión de Entidades Deportivas. Tamén é deportista de alto nivel e formou parte do Equipo Olímpico Español de Vela. Durante a súa etapa como deportista conseguiu multitude de éxitos a nivel internacional, e xunto coa súa compañeira de embarcación convertéronse nas primeiras mulleres galegas en acadar unha medalla olímpica (ouro en Londres 2012). Actualmente estaba a traballar como Docente e Investigadora na Universidad Católica San Antonio de Murcia.

Deste xeito, con Sofía Toro na xerencia e con Edu Agulló na área de comunicación xa temos dous profesionais que van a traballar a reo para que a industria de deporte poida encamiñarse cara ao status que vimos reclamando desde fai anos.

Leave a Reply