Skip to main content

La gerente del Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Sofía Toro, presentó el plan estratégico que marcará la actividad de la entidad durante los próximos años

El Clúster estuvo acompañado en la jornada por sus casi 60 empresas asociadas, así como de la Secretaría Xeral para o Deporte y el IGAPE

 

El Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar reuniu este venres 12 de novembro en Santiago de Compostela ás preto de 60 empresas asociadas que conforman unha entidade que con apenas medio ano de vida xa está a marcar a folla de ruta do sector para os próximos anos.

No evento, a entidade galega, presidida por Miguel Valín, estivo acompañada pola Secretaría Xeral para o Deporte, representada polo secretario Jose Ramón Lete Lasa, e polo Instituto Galego de Promoción Económica, representado polo seu director, Fernando Guldrís, e polo director del área de competitividade, Norberto Penedo. Tamén quiso estar presente, aínda que telemáticamente, Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Emprego e Innovación.

A Escola Galega de Administración Pública foi o escenario elixido para a primeira gran reunión do sector, coa presencia das 55 empresas que actualmente compoñen o Clúster. “En pouco máis de 8 meses xa somos preto de 60 empresas as que nos involucramos no proxecto, unha masa empresarial que supón máis de 3.500 postos de traballo”, comentou Miguel Valín.

Tras as intervencións institucionais a xerente do Clúster, Sofía Toro, presentou o Plan Estratéxico. “Elaboramos o Plan desde unha perspectiva ambiciosa, identificando os principais retos e as prioridades que debe asumir o sector do deporte en Galicia durante os próximos anos para ocupar o lugar que merece na economía galega y converterse así nun axente que lidere a transición cara o futuro”, comentou a xerente da entidade galega.

O Plan Estratéxico, que foi fruto dun proceso participativo no que aportaron a súa visión numerosos axentes da industria do deporte, está construido, a grandes rasgos, ao redor de catro eixos. Por unha banda, estará a colaboración público-privada que, tal e como apuntaba Sofía Toro, «entendemos prioritaria para establecer unhas canles de comunicación e colaboración coas administracións públicas para poder poñer en marcha grandes inversións e proxectos de importancia para Galicia».

Outro dos eixos que marcarán o devenir do sector será a formación continua, algo esencial nunha sociedade globalizada que está en continua renovación. Subliñou Sofía que «en Galicia demostramos durante anos que temos moito potencial, agora a industria necesita de apoio para adentrarse na revolución dixital e aumentar o grao de resiliencia económica e social fronte á expansión de outros sectores e mercados».

En terceiro lugar, durante a súa intervención, sinalou a obriga de transitar cara unha nova industria do deporte que teña moi presentes a perspectiva de xénero, a sustentabilidade e a innovación. Resaltou Sofía que “non se entenderá un sector do deporte unido aos novos tempos sen ter presente que o crecemento debe ser respectuoso co medio ambiente, inclusivo, unha industria na que teñamos un lugar todos e todas, e innovador, algo que sempre estivo no ADN do deporte galego, que en moitos subsectores actuou de vangarda na consolidación de modelos de negocio que aínda a día de hoxe seguen cruzando fronteiras”.

Por último, Sofía Toro, expuso que «unha das razóns de ser do Clúster e un dos grandes obxectivos debe ser o fomento do deporte e o benestar. Debemos sumar esforzos para construir unha sociedade sana que realice actividade física de xeito habitual». Amais, finalizou engadindo que «é gratificante traballar para mellorar a calidade de vida da cidadanía e desde o Clúster traballaremos decididamente neste sentido».

 

Leave a Reply