Skip to main content

Sofía Toro e Jose Amado manifestaron xunto a Eduardo Blanco, AGAXEDE, que as sinerxias entre ambas entidades serán de moito valor para o sector do deporte galego

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar vén de asinar un convenio coa Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) que ten por obxectivos sumar forzas para defender os intereses da industria do deporte no seu conxunto e contribuír ao desenvolvemento dunha actividade económica que xa supón o 2,5% do PIB de Galicia.

A través de dito convenio ambas entidades asumen o compromiso de fomentar o intercambio de experiencias e persoal nos campos da docencia e investigación, particularmente, no ámbito da actividade física e o deporte.

Asemade, tanto Sofía Toro, xerente do Clúster, como Eduardo Blanco, presidente de AGAXEDE, resaltaron a importancia de impulsar o desenvolvemento de proxectos comúns de interese.

Durante o acto de sinatura do convenio, Sofía Toro sinalou que «desde a creación do Clúster considerábamos importante a sinatura deste convenio pois creemos que para o ben do sector é moi positiva a vinculación académica e científica que establecemos a través deste acordo».

Leave a Reply