Este mércores 15 de marzo o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizou a segunda edición de «#Actívate. Facendo Industria». Despois de estrear esta iniciativa en febreiro, esta actividade dinamizadora do sector consolídase coa participación de outras sete empresas da industria do deporte que aproveitaron o foro para presentar a súa actividade e os proxectos nos que están a traballar.
Neste mes de marzo, no evento mensual impulsado polo Clúster, participou como invitado experto Oriol Serra, Cluster Manager de Indescat. O dirixente catalán resumiu o traballo que fai a súa entidade desde a súa creación, amosando con claridade os motivos polos que Indescat é un referente para o noso Clúster.
Amais, tamén participaron sete empresas do sector, concretamente foron as seguintes:
- Cluber (Diego López)
- Shop4fit (Pablo Gerpe)
- Lamas Bike (Jose Manuel Lamas)
- Noko (Óscar Espiñeira)
- Nimo/Mezquita (Carlos Mezquita)
- Instituto Médico Arriaza (Jaime Amestoy)
- Salvar (Carlos Vales)
Podedes descargar todas as presentacións aquí.
A seguinte edición de #Actívate chegar despois de Semana Santa, exactamente o vindeiro 19 de abril. Lembramos que se queredes participar explicando os vosos proxectos podedes contactar con comunicacion@industriadeporte.gal