Skip to main content

O pasado mércores o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizou a primeira edición de “#Actívate. Facendo Industria”, unha iniciativa ideada para visibilizar o traballo que realizan as entidades do sector, dinamizar a actividade empresarial e xerar un habitat natural propicio para a xeración de sinerxías entre as empresas e entidades do ecosistema da industria do deporte galego.

Nesta estrea participou Gisela García-Álvarez, xerente do Clúster Galego da Saúde, e oito empresas do sector que expuseron os seus proxectos e a actividade que están a realizar. Concretamente as empresas participantes foron: eManagym (Iago Tourón), Scoutyoupro (Tito Ramallo), Naos Arquitectura (Santiago González), GlobalDXT (Josevi Cimadevila), The WellBeing Lab (Amador Riveiro), CO2 Smart Tech (Gustavo Amman), 10 Mets (Jacobo López), PadelPrix (Jaime Bargiela).

Máis de 30 persoas acudiron a este evento online que terá caracter mensual e que serviu para crear lazos entre as empresas participantes. Tal e como sinalou Sofía Toro, xerente do Clúster, «xa temos constancia de reunións que saíron desta actividade, non podemos máis que sinalar a nosa satisfacción por este primeiro encontro».

O vindeiro 15 de marzo terá lugar a segunda edición. Se estades interesados en participar, podedes contactar con nós.

Leave a Reply