Skip to main content

O venres 17 de marzo o presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, José Amado, reuniuse con Norberto Penedo, director de competitividade do  Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Á reunión tamén asistiron Sofía Toro, xerente do Clúster, e Antonio del Corral, directivo e responsable da empresa tecnolóxica Cinfo.

Durante o encontro falouse da situación do Clúster como agrupación sectorial emerxente e detalláronse diferentes proxectos a levar a cabo por ambas entidades. Concretamente, no marco da dixitalización do sector, comezouse a traballar nun plan para crear o chamado «Big Data do Deporte Galego».

A industria do Deporte está a traballar na modernización das súas estruturas co fin de estar preparada para os grandes retos tecnolóxicos aos que se está a afrontar e afrontará no futuro.

Grazas ao tratameento de grandes volúmenes de información o Big Data axuda a extraer conclusión sinxelas a raíz de toda esta información recabada. De feito xa non só pensando no futuro, xa hoxe en día o Big Data e a Intelixencia Artificial estanse a converter en ferramentas fundamentais para obter mellores resultados e así optimizar o rendemento.

Leave a Reply