Skip to main content

A Xunta de Galicia, a través do Igape, vén de abrir a convocatoria das axudas á dixitalización industria 4.0 para impulsar a competitividade do tecido empresarial galego.

Estas axudas, cuxo prazo de presentación remata o 5 de xullo de 2023 e ten un prazo de execución ata o 30 de xuño de 2024, ten por finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e otras empresas, ou entre duás ou más empresas galegas.

Os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:

• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable de menos de 50.000,00 €.

• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000,00 € e 120.000,00 €.

• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000,00 €.

Aquí podedes descargar un resumo detallado destas axudas (LINK) e aquí as bases da subvención (LINK). Tamén deixamos aquí un vídeo sobre un webinar que levou a cabo o Igape para explicar en detalle como gañar eficiencia e axilidade na empresa grazas ás axudas á Dixitalización Industria 4.0