Skip to main content

Os días 12, 13 e 14 de xuño chega a Pontevedra unha nova edición do Galicia Sportech Congress, un evento que xa ten consolidado o seu espazo como congreso de referencia na industria do deporte. A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte será o escenario de ponencias onde se poñerá luz ao presente e o futuro do sector.

Froito do convenio de colaboración asinado entre o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e o Galicia Sportech Congress as empresas e entidades asociadas poderán compartir coñecementos e establecer vínculos con referentes da industria do deporte. Como colaboradores na organización do evento teremos á nosa disposición unha sala específica do Clúster para realizar diferentes actividades e para facilitar aos nosos asociados reunións privadas.

Os membros do Clúster poderán ser partícipes de todas as actividades de balde do evento e gozar de:

  • Espazo para presentar as vosas compañías no centro de expositores.
  • Presentar proxecto ao Sportech Competition.
  • Acceso a presentación do Programa de Aceleración de Startups innovadoras.
  • Acceso a presentación do Programa de Mentorización de Innovación e Transformación dixital para pemes.
  • Entrada a todas as ponencias.
  • Uso da Sala Clúster.
  • Interaccións e reunións con expositores e startups.
  • Reunións privadas cos ponentes e asistentes.
  • Asistencia á presentación dos proxectos da aceleradora
  • 2 coffee breaks e 2 comidas.

Se estades interesados en manter un contacto con alguén só tedes que contactar con nós para fixar un horario no que ter ese encontro.