Skip to main content

O Clúster da Industria do deporte e o Benestar de Galicia está a participar nas mesas de traballo para a definición das misións da RIS3 Galicia 21-27. Desta forma, estivo presente o venres 15 de setembro no evento organizado pola Axencia Galega de Innovación, onde se presentou o proceso para a delimitación destas misións, e tamén, este mesmo mércores, na primeira mesa de traballo.

A presenza do Clúster nesta mesa supón un gran éxito, xa que é a primeira vez que o deporte participa na elaboración destas misións.

Este evento contou coa participación de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación; Roberto Penedo, director da área de competitividade do IGAPE; Eva Arrilucea, directora xeral de Tecnalia Think&Do; e Sabela Pardo, directora da área de programas da Axencia Galega de Innovación. Neste evento concretáronse as acción a levar a cabo para a definición das misións. A primeira delas é o lanzamento dun cuestionario para identificar o interese nas diferentes premisións propostas dentro da RIS3 2021-2027, das que xurdirán as misións definitivas.

Desde o Clúster animamos a toda a nosa masa social a participar no citado cuestionario, co obxectivo de establecer o deporte como unha das principais misións desta estratexia de especialización. Podedes acceder a través desta ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfbwUooAjivkbGMKkMTyFK_PHwMO0U6Gx5o2WKT1Xc_piBjGA/viewform

O segundo paso é levar a cabo mesas de traballo para tratar as premisións englobadas dentro de cada reto. Neste sentido, o Clúster estivo presente este mércores na primeira mesa de traballo do Reto 3 (modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación).