A pasada semana o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar estivo presente no Congreso de Xestión Deportiva organizado en Torrevieja pola Asociación de Gestores Deportivos Profesionales de la Comunidad Valenciana (GEPACV) e a Federación de Asociaciones de Gestión del Deporte de España (FAGDE). No evento estivo presente como invitada Sofía Toro, xerente do Clúster.
O congreso tiña como temática central analizar as tendencias do deporte e a súa xestión ao servicio da sociedade. Ante unhas 500 persoas a xornada foi inaugurada polo director xeral de Deportes do Consello Superior de Deportes, Alberto Soler.
Durante a xornada reflexionouse sobre os principais retos do deporte español e a súa xestión. Tamén houbo espazo para falar das novidades do retail deportiva, as novas tendencias, as novas aplicacións tecnolóxicas e, por suposto, para a innovación e dixitalización do sector.
A xerente da entidade galega tivo a oportunidade de compartir charlas con persoeiros do sector que trasladaron a Sofía a felicitación pola fundación do Clúster, que naceu co propósito de defender os intereses da industria do deporte galego e traballar en favor da innovación e evolución do conxunto empresarial do sector.