Skip to main content

Desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar temos coma un dos obxectivos prioritarios visbilizar ao conxunto da industria do deporte e facer valer o importante impacto que ten na economía e na sociedade galega. No camiño deste propósito entendemos que un elemento fundamental é recoñecer o excelente traballo que están a levar a cabo empresas da nosa terra, iniciativas empresarias que coa innovación como bandeira poñen a Galicia no mapa.

Con esta filosofía hoxe falamos con Miguel Aragón, socio fundador de 10 Mets, unha empresa de recente creación que vén de gañar un galardón da Sociedade Española de Cardioloxía.

Pregunta: Bo día Miguel, antes de nada agradecer a túa predisposición por participar nesta entrevista. Para comezar gustaríanos coñecer como xuridu 10Mets. Qué é exactamente o método 10 Mets?

Resposta: 10 Mets é un proxecto que inicia a súa andaina no 2020, froito do coñecemento e a experiencia de máis de 20 anos que eu levaba traballando na rehabilitación de pacientes con problemas cardio-metabólicos. Desde o inicio xa unironse como inversores especializados Pedro Iglesias, Jesús Lafuente e José Amado, co obxectivo de transformar este método nunha ferramenta dixital que puidera resolver os graves problemas que afectan a estes colectivos.

10 Mets é unha plataforma dixital de fitness terapéutico para persoas que pasaron por un proceso cardiovascular, oncolóxico ou que padecen diabete. Esta ferrameta xurdiu das deliberacións sobre a necesidade de resolver a escasa e pobre oferta de solucións de exercicio terapéutico dirixido, concretamente na área HOME.

A novidade da proposta 10 Mets é que é a primeira plataforma dixital creada específicamente para as persoas que teñen o exercicio físico como parte do seu tratamento. Desenvolvimos un método que guía, acompaña e individualiza o ejercicio físico que forma parte da recuperación y tratamento da persoa usuaria de forma autónoma (opción HOME). A persoa usuaria poder seguir o seu programa desde un móvil, tablet, ordenador ou TV.

 

Xa diches uns apuntamentos ao respecto, pero a quén vai dirixido exactamente o voso producto?

10 Mets é a solución para a poboación con enfermidades crónicas que necesitan facer exercicio por prescripción médica. Concretamente o método 10Mets creouse inicialmente para persoas que pasaron por un proceso cardiovascular, oncolóxico ou que padecen diabete. Estas persoas necesitan un plan regular de exercicio e teñen recomendación médica para facelo, tanto na súa fase de recuperación como parte do seu tratamiento, como para o resto das súas vidas.

Pero tamén temos que dicir que é unha ferramenta con potencial para dar solución a persoas con outras patoloxías, como puede ser a Covid de longa duración. De feito, 10 Mets atópase dentro do proxecto de investigación COPERIA , xunto con outros organismos e instituciones, para o tratamiento físico da Covid de longa duracón.

 

Na industria do deporte temos a fortuna de mellorar a calidade de vida das persoas, no voso caso isto é un aspecto que é evidente. Exactamente, cómo mellora o voso producto a saúde das persoas?

Hoxe en día, a sociedade é plenamente consciente da importancia do exercicio para a saúde, pero a maior parte da poboación mundial é inactiva físicamente. Cambiar este hábito é complexo no que se refire ao ámbito da prevención primaria pero en canto aos pacientes que pasaron por un diagnóstico ou evento de gravidade demandan o mellor tratamento dispoñible e saben que unha pauta e consello de exercicio físico concreto é de suma importancia como parte da súa recuperación e control.

Prácticamente o 100% dos pacientes reciben a mensaxe por parte dos seus facultativos, pero sin dosificación nin referencia de quén lles pode guiar no proceso. O descoñecemento de cando, canto e como, para que sexa efectivo e non perxudicial, convirtese nunha barreira, o que produce que este tratamento poida quedar en desuso. Isto provoca que moitos pacientes poidan caer na frustración. Os médicos trasladan a importancia do ejercicio para evitar recaídas ou perda de anos de vida, pero os pacientes son incapaces de superaer os seus medos e dúbidas anta a falta de certezas do que é máis axeitado.

10 Mets é a primeira plataforma dixital de exercicio especializada que amais foi creado en base á aprendizaxe e a experiencia de máis de 20 anos, con perspectiva de actualización continua, buscando xerar seguridade, adherencia un desenvolvemento autónomo. Amais pretendemos ser unha grande red social de conexión entre persoas que pertencen a unha comunidade que necesita compartir experiencias vitais con persoas que pasaron por un evento destas características. Nós estamos ubicados nunha dimensión entre o ámbito sanitario (hospitais, centros de saúde, centros especializados de rehabilitación..) e as plataformas de fitness online existentes.

Segundo multitude de estudos científicos hai unha relación directa entre a actividade física e a saúde, por qué aínda así non ten o peso que debería no proceso de recuperación de calquera tipo de enfermidade?

Dentro dos pacientes do noso foco hai que resaltar que o fluxo normal é o dunha persoa que despois de sufrir un evento ou diagnóstico, o seu médico prescíbelle medicación e exercicio físico. A medicación a dosifica dun xeito claro e concreto pero o exercicio tamén precisa dunha posoloxía individualizada. Habitualmente os pacientes só reciben o consello de facer exercicio, que en moitos ocasión resúmese en «vaia vostede a camiñar». Isto non é nin efectivo nin seguro.

Existe evidencia máis que suficiente de que o exercicio ten que formar parte do tratamento, pero esta solución no chega a maioría deles.

Por último gustaríanos felicitarvos polo premio recentemente recibido, un recoñecemento moi merecedido. Qué supón para vós o premio da Sociedade Española de Cardioloxía?

O premio da Sociedade Española de Cardioloxía supón, en primeiro lugar, o recoñecemento a todo o trabajo realizado. Recibimos este premio competindo coas principais unidades de rehabilitación cardiaca a nivel nacional, polo tanto, recibir este galardón, cos nosos recursos e desde un proxecto liderado por expertos da área da actividade física, é algo que nos enorgullece.

En segundo lugar supón un reforzo moi grande para continuar na liña de traballo, na que creemos firmemente e que, por suposto, está sustentada na evidencia médica e científica. Por último, supón un aval de que temos un método eficaz e seguro, tanto para os prescriptores responsables (hospitais, clínicas especializadas..) como directamente para os pacientes que nestes momentos non poden facerse cargo da mellora da súa saúde tal e como lles gustaría ou necesitarían.

Os pacientes que non reciben como tratamento o exercicio físico teñen unha menor esperanza de vida, incrementan a posibilidade de volver a enfermar e/ou de vivir con algún tipo de diversidade funcional. De feito, a doutora Almudena Castro, cardióloga do Hospital Universisatario la Paz de Madrid, na entrega de premios definiu a 10 Mets como un proxecto “que viña a solucionar a inequidade, o gran problema da rehabilitación dos pacientes cardio-oncolóxicos”.

10 Mets é unha empresa que nace con vocación de servicio e por iso dámoslle moito valor a recoñecementos coma este.

Leave a Reply