Skip to main content

O pasado venres 20 de maio, ao abeiro da Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, o presidente Miguel Valín anunciou a apertura do proceso electoral para a elección da nova Xunta Directiva. Tal e como consta nos estatutos fundacionais do Clúster: «La primera Junta Directiva tendrá una duración de un año y, a partir del segundo año de constitución de la Asociación, su duración será por un periodo de tres años, con la posibilidad de que los miembros puedan ser reelegidos por una sola vez, esto es, pudiéndose ejercer dicho cargo hasta un máximo de dos mandatos

Unha vez aberto o proceso electoral as candidaturas teñen a oportunidade de presentarse formalmente ante o Comité Electoral ata o día 10 de xuño.

Tal e como sinalou Miguel Valín durante a Asemblea Xeral as eleccións para elixir a nova Xunta Directiva do Clúster terán lugar o xoves 30 de xuño.

Leave a Reply