Skip to main content

Tras a charla compartida con Miguel Aragón, de 10Mets (LINK) hoxe o Clúster Galego da Industria do Deporte fala con outra empresa que aposta pola innovación. Neste caso compartimos uns minutos con Belén Martínez, comercial de Brezzz, unha empresa que pensa no descanso das persoas deportistas e da sociedade en xeral. Esta empresa galega, membra do Clúster, fabrica as primeiras almofadas viscoelásticas e coxíns técnicos 100% transpirables do mercado.

Pregunta: Antes de comezar co cuestionario gustaríanos agradecer a vosa presenza nesta rolda de entrevistas. Metidos na faena, queremos ir aos iniciso, cómo xurdiu Brezzz? e en qué punto da súa fase de desenvolvemento empresarial está?

Resposta: Brezzz xurdiu dunha necesidade propia de deportistas amateurs de acompañar a alimentación e o equipamento dun descanso «técnico» que é ineludible para un rendemento eficaz. As súas diferentes gamas pretenden extender eses beneficios técnicos a todos os potenciais usuarios non deportistas. Actualmente atopámonos nunha fase de desenvolvemento e implantación no mercado, xa que o descanso trátase dun factor de saúde pouco considerado no ámbito deportivo e, polo tanto, require de moita difusión para que a sociedade teña presente a súa importancia.

Neste contexto, qué plans ten a empresa a medio e curto prazo?

Os plans están baseados na mellora das estratexias de marketing para dar esa visibilidade ao produto e acadar que as persoas usuarias consideren a súa importancia. Tamén temos plans de desenvolvemento de producto, creando novas gamas adaptadas ás necesidades actuais, por exemplo, unha gama bio-sostible.

Sabemos científicamente da importancia do descanso, para os deportistas e para a sociedade en xeral. Contadenos un pouco como o voso producto pode axudar ao descanso?

O noso produto está baseado no principio básico da respiración e transpirabilidade. Foi deseñado de modo que facilite ao máximo o paso do aire e a súa renovación mentras durmimos, de xeito que oxixenemos as nosas células e rexeneremos mellor os tecidos durante o descanso. Para conseguir isto, o produto conta cun núcleo perforado e un tecido técnico de alta transpirabilidade como o da ropa deportiva. Está fabricado en escuma con memoria de xeito que pode adaptarse a calquera ergonomía. Amais está acompañado do seu packaging, que é unha mochila para que poidamos transportalo ás nosas competicións, viaxes…

Pode ser que as veces a importancia do descanso sexa infravalorada á hora de tratar temas de saúde mental e física?

Efectivamente. A nivel amateur é moi habitual que non se considere a importancia dun bo soporte ao durmir, sen darnos de conta de que nos pode hacer caer en lesións que, en moitos casos, se pensan que son causadas por outras razóns, como falta de estiramentos ou sobrecargas musculares. En moitos casos o problema pode ser causado por unha almofada inadecuada.

No deporte de élite realizanse estudos de todo tipo a efectos de nutrición, ropa técnica e rendemiento, pero, sorprendentemente, non hai tantos estudos sobre este factor, que ocupa entre 7 e 8 horas do comportamento orgánico da persoa deportista. Actualmente estamos realizando uns test no CAR de Esplugas de Llobregat para mellorar o descanso de deportistas con algunhas anomalías do soño, e a idea é facer extensible os seus beneficios a todas as persoas usuarias do centro.

No Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar temos a firme intención de representar ao conxunto da industria do deporte da nosa terra e, polo tanto, é unha ledicia contar cunha empresa como Brezzz. Para vós, por qué entendedes que é importante contar en Galicia cunha figura como a nosa entidade?

Para a nosa empresa o deporte, amais dun modo de vida saudable, é un beneficio social de grande magnitude. A súa promoción e difusión só pode facer mellorar a calidade de vida das persoas, da nosa sociedade e, polo tanto, da nosa comunidade. Pensamos que pertencer ao Clúster axuda a dar máis visibilidade e ter máis forza de cara aos organismos públicos. A súa existencia é importante para representar a todas as empresas que, con grandes esforzos, aportamos os nosos produtos e/ou servizos en pro do benestar de toda a sociedade galega. Estes organismos son os que teñen que poñer en valor e dar a importancia que merece a cada sector e apoialo segundo sexa a contrapartida que ofreza. No caso da actividade física, sin ningunha dúbida, trátase dun retorno máis que rentable, por exemplo, a efectos de aforro en termos sanitarios.

 

Podedes consultar os produtos de Brezzz aquí

Leave a Reply