Skip to main content

A entidade galega valora moi positivamente a aposta da empresa por este proxecto, que pretende impulsar a industria galega do deporte

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar vén de asinar un acuerdo de adhesión polo cal Matrix Fitness convírtese en asociada honoraria da entidade, demostrando a súa aposta por impulsar ao conxunto da industria galega do deporte.

No acto de sinatura estiveron presentes José Manuel Amado, presidente do Clúster; Pedro Iglesias, vicepresidente, e Ernesto Aspe, CEO de Matrix Fitness para España e Portugal.

Matrix ten unha importante presencia na comunidade galega, de feito trátase dun dos líderes mundiais máis importantes de produtos comerciais para fitness, ofrecendo equipos da última tecnoloxía para cardio, forza e adestramento en grupo.

Coa súa asociación ao Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Matrix comprométese e apoia o traballo que a entidade galega leva realizando desde a súa fundación. Desde a multinacional coinciden na idoneidade de impulsar o Clúster, valorando os proxectos postos en marcha, como o Observatorio Galego do Deporte ou o Plan 2 Millóns. Amais, ambas entidades levarán a cabo accións conxuntas en beneficio do deporte galego.

José Manuel Amado, presidente do Clúster, resaltou a importancia desta firma, pois “para unha entidade tan recente como a nosa é moi boa sinal que unha empresa da dimensión de Matrix teña tan claro os beneficios que reporta ao sector o traballo que estamos facendo desde o Clúster”.

Pola súa parte, Ernesto Aspe, CEO de Matrix Fitness Ibérica, sinalou que “Galicia sempre foi unha comunidade estratéxica para nós e no dubidamos en estar ao carón dun proxecto como o Clúster, é un paso que damos convencidos de que con esta sinatura estamos onde debemos estar”.