Dentro das accións vencelladas ao eixo estratéxico Fomento do deporte e o benestar, venimos traballando nos últimos meses nun grupo de traballo sobre Deporte e persoas con discapacidade coa Xunta de Galicia, a Fegamp e diferentes asociacións relacionadas co deporte e con persoas con discapacidade.
Neste tempo deseñamos dous cuestionarios para coñecer o contexto como primiero paso para poder elaborar unha guía que permita mellorar o acceso das perosas con discapacidade ao deporte.
Se xestionas un servizo deportivo, gustaríanos que cubriras o «Cuestionario de servizos deportivos para persoas con discapacidade»
Galego: http://enquisas.xunta.gal/index.php/415974?lang=gl
Español: http://enquisas.xunta.gal/index.php/415974?lang=es
Se eres unha persoa con discapacidade gustaríanos que cubriras a «Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade»
Galego: http://enquisas.xunta.gal/index.php/455678?lang=gl
Español: http://enquisas.xunta.gal/index.php/455678?lang=es
Os enlaces estarán dispoñibles ata a 30/10/2022.
Moitas grazas pola vosa difusuión e participación