Skip to main content

La Fuga Cycling vén de poñer en marcha unha campaña orientada á sustentabilidade con diferentes propostas internas, entre elas, a redución do plástico, o reciclaje de todos os compoñentes do taller e embalaxes das súas bicicletas,…

Agora da un paso máis e pon en marcha unha medida coa que pretende fomentar a loita fronte o cambio climático. Con esta comprometida acción La Fuga Cycling, empresa asociada ao Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, plantará unha árbore por cada bicicleta vendida nalgunha das súas tendas ou a través da páxina web. Así, a empresa aporta o seu gran de area para reforestar os bosques, mellorando a calidade da agua e o solo.

Con esta acción trátase de axudar a compensar o CO2 e de concienciar ás persoas usuarias da importancia en reforestar o planeta, e o fai da man da ONG sen ánimo de lucro onetreeplanted.org.

Tras cada acción, a LaFuga Cycling entregará dous certificados ao comprador da bicicleta, un estará impreso en papel con sementes. Un papel respetuoso co medio ambiente fabricado artesanalmente con fibras de algodón e con sementes seleccionadas polo seu beneficio para as abellas, mariposas e outros insectos, e a facilidade de xerminación, coa posibilidade de plantalo en maceta ou nun xardín. O segundo certificado enviarase en formato dixital, sen impacto medioambiental, para a súa conservación se así se desexa.

Leave a Reply