Skip to main content

La Fuga Cycling, empresa asociada ao Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, estivo presente na Velo-City, un evento que reuniu a numerosas persoalidades implicadas en políticas en favor da promoción do uso da bicicleta, a mobilidade activa e o desenvolvemento urbano sostible.

Con máis de 1.000 participantes presenciais, Velo-city 2021 Lisboa foi un gran éxito e unha oportunidade para que o sector unise forzas e lanzase unha mensaxe clara e forte nestes tempos difíciles. A conferencia suscitou vibrantes debates entre os delegados e deixou aos responsables das tomas de decisións inspirados para traballar cara unha mobilidade máis activa e sustentable. Durante a conferencia mostráronse as últimas innovacións para unha mellor experiencia ciclista nas cidades e máis aló.

Na primeira xornada do Velo-City recalcouse a importancia de promover o ciclismo como una vía relevante e viable para combater o cambio climático. Nesta liña explicaronse os exemplos de Barcelona e Lisboa, esta última unha cidade que fai 20 anos tiña 3 quilómetros ideados para a bicicleta e que hoxe conta con centos de quilómetros de ciclovías con zonas verdes, ideadas co obxectivo de devolver o espazo público aos seus habitantes. En verbas de Joao Pedro Matos, ministro portugués de Medioambiente, “É prioritario sacarlle ao automóbil a coroa de rei, as únicas inversións produtivas hoxe en día son as realizadas no ámbito da sustentabilidade medioambiental, que aseguran un crecemento económico a longo prazo”.

Durante o evento tamén puxose en valor a importancia do turismo vencellado á bicicleta. Este turismo leva consigo un retorno económico maior que o turismo tradicional e potencia a transformación das cidades cara a entornos máis confortables.

Na Velo-City Conference tamén participou Kevin Mayne, director de Cycling Industries Europe que subliñou que o sector do ciclismo ten que «ser un tsunami, non unha onda». Explicou que se estima en 6 billóns o impacto económico da industria e sinalou que «non só trátase dunha revolución verde, senón dun auténtico impuso á economía de todos os países». A outra revolución que viviremos será a de cada bicicleta conectada a un smartphone, obtendo datos e conectada ao resto de sistemas (tráfico, rutas, incidencias da calzada, parkings lockers,…).

A maioría de ponentes en Velo-City Conference deixaron clara a súa aposta por unha eliminación progresiva do espazo para o automóbil nas cidades, prazas de parking e espazos públicos en xeral, polo seu alto coste en todos os aspectos. Isto representará unha transformación radical da mobilidade persoal e empresarial sen precedentes na historia. Para 2030 espérase que haxa 30 millóns de unidades máis de bicicletas nas rúas europeas. Polo tanto estamos a falar dunha gran industria europea, sostible e cun inmenso impulso económico.

“Non é posible alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU se un maior impulso á bicicleta”, subliñou Jill Warren, directora executiva da Federación Europea de Ciclistas.

O congreso pechouse dando o relevo a cidade Eslovena de Ljubljana, que será a sede do Velo-city en xuño de 2022.

Leave a Reply