Xunto á Secretaría Xeral para o Deporte organizamos unhas xornadas formativas gratuítas sobre deporte inclusivo tituladas, “Inclusión no deporte. O papel das federacións deportivas”. Estas xornadas terán lugar os días 3, 7, 14 e 24 de novembro (de 16.30 a 20.30 h.), sendo tres días presenciais e un en liña.
A formación vai dirixida a persoal vinculado coa federación: persoal directivo, técnico, xuíces/as, deportistas e calquera outro asociado ao voso deporte.
Entre outros obxectivos, tentarase que o alumnado coñeza os conceptos chave relacionados coa inclusión no deporte, experiencias de proxectos actuais e vías de inclusión, así como fomentar a súa integración nas federacións deportivas.
Tedes toda a información ampliada neste díptico.