A pasada semana o Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, aprobou a pasada semana o anteproxecto de Lei do Deporte. Trátase dunha proposta lexislativa impulsada a través do Consello Superior de Deportes (CSD) en cuxa elaboración participaron diferentes ministerios vencellados á práctica deportiva, comunidades autónomas, federacións deportivas, sindicatos e los distintos axentes públicos e privados do ecosistema deportivo español.
O novo texto, pendente de aprobación no Congreso dos Deputados, busca actualizar a vigente lei, que data do 1990, e adaptar o marco xurídico do deporte a unha contorna moito máis complexo e profesionalizado.
O ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, destacou que se trata dunha lei que “avanza en valores” e valorou a súa necesidade, ao adaptarse á actividade deportiva actual, “que experimentou un crecemento exponencial nas últimas décadas”.
“O gran obxectivo é que siga medrando a práctica deportiva. O deporte é unha contribución imprescindible para a saúde, para a cohesión e para o cambio de hábito da cidadanía”, resaltou Iceta.
Entre as súas principais novidades, a propuesta de Lei recoñece expresamente o derecho á actividade física e ao deporte como actividades esenciais; promove a igualdade e a inclusión en todos os niveis; dota de seguridade e estabilidade ás distintas figuras de persoas deportistas; actualiza o modelo das diferentes entidades; e unifica as funcións públicas e privadas das organizacións deportivas, regulando, entre elas, as competencias do propio Consello Superior de Deportes. Amais da dimensión social, inclúe tamén aspectos como a transición ecolóxica e a innovación dixital no sector.
Podedes descargar a presentación do anteproxecto aquí