Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, representado polo su presidente, José Amado; o seu vicepresidente, Pedro Iglesias, e a súa xerente, Sofía Toro, reuníronse o pasado martes 8 de outubro con Diego Calvo, vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes. No encontro tamén estivo presente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

A nosa entidade aproveitou a reunión para presentarse ante o novo conselleiro e explicar a importancia da industria do deporte na economía e na sociedade galega, puntos cos que coincidiu Diego Calvo.

Os tres representantes do Clúster insistiron na importancia de poñer en marcha un plan que sirva para reactivar o sector e aumentar a taxa de poboación activa e introduciron ante Diego Calvo e Jose Ramón Lete Lasa un ambicioso proxecto para que Galicia sexa un referente en canto a actividade física, chegando ata os 2 millóns de persoas que practican deporte con regularidade.

 

 

Leave a Reply