Skip to main content

Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar vén de manter unha reunión con Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Jose Manuel Fernández Pérez, concelleiro de Deportes. Ambas entidades compartiron a súa visión sobre o sector e sentaron as bases para traballar en diferentes proxectos de investigación, dinamización do sector e incentivación da práctica de exercicio físico.

Ao encontro acudiron José Amado, presidente do Clúster; Sofía Toro, xerente, e Fran Cortegoso, directivo. Desde a entidade que representa a industria do deporte fíxose fincapé na importancia de levar a actividade física a todos os segmentos de poboación e subliñaron o importante impacto que ten o sector na economía galega, xerando milleiros de empregos de calidade, e a gran pegada que a industria ten sobre a saúde da sociedade galega.