Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar avanza nos seus proxectos e vén de levar a cabo unha reunión de traballo no Concello de Ourense xunto a Gonzalo Jácome, alcalde de Ourense, e Aníbal Pereira, concelleiro.

Ambas entidades coincidiron na importancia de impulsar o Observatorio Galego do Deporte e de incentivar a práctica da actividade física entre toda a poboación. Esta xuntanza foi a primeira pedra no camiño dunha colaboración permanente na que ambas entidades traballarán en proxectos de investigación e de activación, amais o Clúster ponse a disposición do concello como interlocutor para resolver cuestións relacionadas coa industria do deporte.

A asociación que representa a industria do Deporte estará presente dentro dun mes no Sportur Galicia, que terá lugar en Expourense. Ao abeiro deste evento, o Clúster presentará públicamente o Movemento 2 Millóns e celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria.