O pasado xoves 21 de setembro o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizou unha nova edición de #Actívate, un networking online ideado para visibilizar o traballo dos asociados e crear sinerxías.
Nesta ocasión participaron catro empresas de diferentes subsectores da industria do deporte, concretamente: Tabalú, Racing Dakart, GaliciaSports e Motricidad Laboral.
Amais de coñecer o traballo que están a realizar estas catro empresas, o Clúster aproveitou o evento para dar a coñecer detalles do novo Observatorio Galego do Deporte.