Skip to main content

O Observatorio Galego do Deporte publica un novo informe, neste caso sobre a situación actual implantación da Receita deportiva nas diferentes comunidades autónomas, e no que se profundiza sobre o caso de Galicia.

Entre as conclusións deste informe destaca que este é un proceso realmente complexo dada a necesaria interacción e colaboración de diferentes axentes sociais, así como a creación e estandarización de protocolos que sexan accesibles e eficaces. Isto fai que a situación sexa diferente en cada comunidade, e polo tanto é preciso realizar un seguimento da situación nos vindeiros meses para ver o avance da mesma.

DESCARGA