Skip to main content

A xornada, que terá lugar o venres 16 na Sala do Consello de Goberno do Rectorado da UDC contará coa participación de personalidades do sector

Coa colaboración da empresa pontevedresa Air CO2, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar compensará toda a pegada de carbono que orixine a organización do evento

 

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizará este venres 16 de decembro, na Coruña, o II Encontro da Industria do Deporte Galego, un evento que reunirá ao sector do deporte.

A Sala do Consello de Goberno do Rectorado da Universidade da Coruña será o escenario dun encontro que contará coa participación de importantes personalidades do conxunto da industria do deporte, estando representados o mundo empresarial, a universidade e o deporte de alto rendemento.

Tras a inauguración, fixada para as 10.00h, o primeiro relatorio será de Ezequiel Mosquera, ex ciclista profesional e fundador de Emesports, empresa coa que organiza, entre outros eventos de prestixio, ‘O Gran Camiño’. O ano pasado, na súa primeira edición, na que foi a recuperación do profesionalismo da Volta a Galicia, o evento recibiu multitude de recoñecementos e tivo a sorte de rematar coa vitoria de Alejandro Valverde no seu ano de despedida.

Tras esta ponencia, haberá unha pausa para un café networking que dará paso á primeira das dúas mesas redondas coas que contará o encontro. A primeira delas, que comezará ás 11.45h xuntará ao mundo empresarial coa universidade e o deporte federado, contando coa participación de Jacobo López, de 10Mets, Isidoro Hornillos, da Federación de Atletismo, e Cristina López Villar, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte na UDC.

Para rematar a actividade de cara o público xeral, Sofía Toro, xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, moderará un mesa de luxo na que intervirán Begoña Fernández, medallista nos Xogos Olímpicos de Londres 2012; Iván Raña, campión do mundo de tríatlon en 2002, e Alberto Seoane, diploma nos Xogos Paralímpicos de 2016.

Tras esta última ponencia darase punto e final ao evento e tras unha breve pausa iniciarase, con caracter privado dentro do Clúster, a unha breve Asemblea Xeral.

As persoas interesadas en asistir ao evento aínda están a tempo de inscribirse a través desta ligazón https://forms.gle/8yUTdHPLySe4M4h1A

COMPENSACIÓN DA PEGADA DE CARBONO XUNTO A AIR CO2

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, no seu compromiso de traballar en favor dunha industria deportiva sustentable e respectuosa co medio ambiente, neste evento traballará xunto á empresa pontevedresa Air CO2 para calcular a pegada de carbono orixinada coa organización do encontro para posteriormente compensar dita pegada.

Leave a Reply