Co gallo do Día Internacional da Muller, o Observatorio Galego do Deporte publica un informe propio sobre a Igualdade de Xénero no Deporte Galego.
O presente informe pon o foco no ámbito da igualdade de mulleres e homes dentro do sector da industria do deporte e benestar. Tras unha primeira busca de diferentes informes, plans, análises e outra documentación similar, escolleuse a información máis relevante diferenciando aquela que describía a situación actual, a que propoñía novas medidas, actuacións ou estratexias, e aquela que tiña coma obxectivo poñer en marcha ás anteriores.