Skip to main content

O vindeiro martes 23 de mayo, de 10h a 12.30h, os clústeres do deporte de Catalunya (INDESCAT), Galicia (Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar) e Andorra (Andorra Esports Clúster) invitamos a participar nun encontro virtual entre empresas e entidades asociadas a estes tres clústeres. 

Trátase do segundo encontro que celebraremos conxuntamente de xeito virtual, esta vez dirixido aos seguintes segmentos da industria deportiva:

  • Eventos deportivos e outdoor
  • Instalacións deportivas e fitness

A sesión ten como objetivo seguir coñecendo aos clústeres do deporte máis cercanos a nivel territorial e aos seus membros, compartir casos de éxito de proxectos e iniciativas no ámbito do outdoor/eventos deportivos e do fitness/instalacións deportivas, tanto aquellas impulsados desde os clústeres como desde as propias organizacións que os integran.

Amais disto, a xornada permitirá realizar breves reunións individuais (matchmaking) con empresas e entidades do sector, a través dunha plataforma virtual. Estamos seguros de que será unha excelente ocasión para darvos a coñecer, compartir experiencias e solucións, ofrecer os vosos servizos e produtos, buscar solucións a necesidades e retos existentes, así como para establecer vínculos con outras organizacións e quén sabe si futuras colaboracións e proxectos conxuntos.

Na primeira parte da xornada (10h a 10.30h), cada clúster implicado presentará un proxecto e caso de éxito no sector do Fitness ou outdoor, mostrando a implicación e colaboración dos clústeres cos seus membros.

Para a segunda parte da xornada (10.30h a 12.30h), habilitaremos a plataforma de matchmaking co fin de que poidas consultar o perfil das organizacións participantes, solicitar e aceptar reunións individuais.

Para participar na xornada, tan só é necesario formalizar a inscrición mediante este enlace. Consellamos que o fagades o antes posible para que o teu perfil estea visible na plataforma habilitada, onde poderás consultar o resto de profesionais do sector inscritos e solicitar as reunións que consideres oportunas. Aproveita a oportunidade para darte a coñocer, compartir coñecemento, retos e posibles solucións con ata 12 empresas e entidades do sector deportivo de Catalunya, Galicia e Andorra!