Skip to main content

O vindeiro mércores 28 de febreiro, a partir das 16.00h, organizaremos un webinar a modo de grupo de traballo para definir a extratexia da industria para dar cumplimento ao reto fixado na RIS3 “Modelo de estilo de vida saudable e envellecemento activo”.

Con este renovado formato de #Actívate, que a partir de agora funcionará en torno a diferentes temáticas, inauguramos os eventos adicados á saúde. Participarán empresas do noso sector que teñan interese e/ou poida aportar a súa visión para afrontar os retos que se pon a industria neste subsector.

A ESTRATEXIA RIS3
Lembramos que a RIS3 (Estratexia de especialización intelixente) define o marco das políticas de investigación e innovación en Galicia entre 2021-2027 e ten 3 retos:
– Xestión innovadora dos recursos naturais.
– Modelo industrial galego.
Modelo de estilo de vida saudable e envellecemento activo.

AS MISIÓNS DA RIS3
Durante os últimos meses do 2023 estivemos acudindo ás reunións que se organizaron para definir unha misión por cada reto. No noso caso acudimos ás do Reto3. A misión 3 definiuse finalmente como: «Contribuir de cara ao 2030, a incrementar os anos de vida saudable de 84 a 88, mediante a redución de enfermidades ou problemas de enfermidades non transmisibles e a mellora de calidade de vida (hábitos e contornas saudables e seguras)».

CONCEPTOS CLAVE
Para presentarse hai que formar consorcios compostos, polo menos, por unha empresa tractora (non importa o tamaño se demostra a súa capacidade) e por 2 pemes. Tamén poden participar (non é obrigatorio): universidades, clústeres, centros tecnolóxicos, etc.

Os proxectos son de entre 600.000€ e 5.000.000€ de orzamento.

Subvencíonanse actividades de I+D+i (50%-70% do orzamento do proxecto) e investimento productivo (30%-50% do orzamento do proxecto).

Porcentaxe de participación:
– Conxunto de pemes: mínimo 30%.
– Organismos de investigación: mínimo 10% e máximo 40%.
– Ningún membro do consorcio pode contar cun orzamento individual do proxecto inferior ao 10% nin superior ao 70%.

Intensidade da axuda:
– Pequenas empresas: entre 60% e 35%.
– Medianas empresas: entre 60% e 25%.
– Gran empresa: entre 60% e 15%, excepción do investimento productivo, que non cubre nada.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN