Skip to main content

O pasado mércores 28 de febreiro desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar levamos a cabo a primeira reunión do grupo de traballo «Deporte e Saúde», ao abeiro de #Actívate.

Coa participación de 15 entidades da industria galega do deporte, Sofía Toro, xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, explicou a Convocatoria das Misións RIS3 e a viabilidade para a formación dun Consorcio xunto a outras entidades para levar a cabo proxectos que dean resposta á misión de «Contribuír, de cara ao 2030, a incrementar os anos de vida saudable de 84 a 88, mediante a redución de enfermidades ou problemas de enfermidades non transmisibles e a mellora da calidade de vida (hábitos e contornas saudables e seguras)«.

A RIS3 (Especialización Intelixente de Galicia) define as accións de investigación e innovación que se van a levar a cabo durante os próximos anos en Galicia.

O Clúster participou nas diferentes mesas de traballo da RIS3 dunha forma moi activa propoñendo diferentes ideas vencelladas co sector da industria do deporte e o benestar, así como involucrándose nos diferentes temas tratados en elas.

Tras diferentes reunións establecéronse 3 grandes retos para la RIS3 2021-2027:

  • Reto 1: Modelo de Xestión de Recursos Naturais e Culturais baseados na Innovación
  • Reto 2: Modelo Industrial baseado na Competitividade e no Coñecemento
  • Reto 3: Modelo de Vida Saudábel baseado no Envellecemento Activo da Poboación

Co obxectivo de poñer as bases para a creación dun Consorcio que poida poñer en marcha un proxecto ambicioso para a industria galega do deporte levouse a cabo esta primeira reunión.

As entidades asistentes participaron moi activamente, expoñendo ideas e proxectos a levar a cabo. Moitas grazas pola vosa actitude, este é o camiño para activar a Galicia, o camiño para que a industria do deporte axude a construír a Galicia do futuro.