Skip to main content

O vindeiro venres 26 de abril o Clúster Galego da Industria do Deporte organizará o III Encontro do Deporte Galego, un evento no que o ecosistema da industria galega de deporte poñerá o foco nas instalacións deportivas galegas, analizando o estado actual das infraestruturas da comunidade e reflexionando sobre as necesidades a cubrir cun novo Plan de Infraestruturas.

O encontro, que comezará ás 10.00h e alongarase ata ás 13.00h terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.

Esta xornada organizada pola entidade galega servirá como foro de debate sobre os retos aos que se enfronta a nosa comunidade autónomo nos próximos anos en canto a construción e renovación do parque de infraestruturas. Poñeremos sobre a mesa proxectos en marcha, solucións a retos transversais e coñeceremos as últimas innovacións do sector.

Neste evento presentarase oficialmente o Plan Estratéxico do Clúster 24-28. Amais, ao remate da xornada, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar celebrará a súa Asemblea Xeral.

PROGRAMACIÓN DO III ENCONTRO DA INDUSTRIA DO DEPORTE GALEGO

10.00h Inauguración do III Encontro da Industria do Deporte Galego.

10.30h Mesa redonda – «Plan Galego de Infraestruturas deportivas: situación actual, necesidades e investimentos».

11.15h Infraestruturas 360º: Innovación e solucións aos retos da industria do deporte.

  • Fundación Enki

  • Box 004

  • Kompan

  • Federación Galega de Piragüismo

12.00h Presentación do Plan Estratéxico 24-28 – Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar.

12.30h Pausa do café (Networking)

13.00h Asemblea Xeral do Clúster (só para entidades asociadas)