O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar asinou este mércores 22 de novembro un convenio co Concello de Pontevedra polo cal a cidade do Lérez amosa o seu apoio ao Plan 2 Millóns. Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade, sinalou durante o acto que «en Pontevedra compartimos os obxectivos sinalidos polo Clúster» e subliñou que «este Plan 2 Millóns vai na liña de actuación do noso goberno, pois temos moi claro que debemos levar a cabo políticas para ter unha sociedade saudable«.
Pola súa banda Pedro Iglesias, vicepresidente do Clúster, resaltou que «queremos convertir a Galicia na comunidade autónoma galega na que máis deporte se practica«. E tamén afirmou que «se conseguimos incorporar a 700.000 persoas á actividade, conseguiremos un aforro sanitario de 700 millóns de euros e estaremos en disposición de xerar máis de 2.000 empregos«.