Seguindo instrucións do Presidente e de conformidade co disposto nos Estatutos, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar coa seguinte orde do día:
- Informe do Presidente e presentación da Memoria de Actividades 2023 e a planificación de accións para 2024.
- Presentación e, no seu caso, aprobación do balance económico e da conta de resultados do exercicio 2023 e seguimento do informe do orzamento para o exercicio 2024.
- Explicación da folla de ruta do Clúster en canto ao Plan 2 Millóns.
- Rogos e preguntas.
A Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o venres 1 de decembro de 2023 ao abeiro de Sportur Galicia (12.30h en primeira convocatoria e 12.45h en segunda convocatoria). O lugar de celebración serán as instalación de Expourense, concretamente no salón de conferencias (Finca Sevilla S/N, 32005 Ourense, España).
A Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase inmediatamente despois da presentación oficial do Plan 2 Millóns.