Desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar estamos a desenvolver o Plan Máis, un estudo sobre a práctica de actividade física e deportiva en persoas maiores e con cronicidade a nivel galego, financiado polo programa INVESTIGO da Xunta de Galicia e en colaboración coas universidades da Coruña e Vigo.
Xa estamos nun proceso de recompilación de información a través dunha enquisa compartida con concellos de Galicia.
Co Plan Máis pretendemos mellorar os niveis de actividade física da poboación maior e con cronicidade en Galicia, polo que os resultados obtidos nesta enquisa servirán de punto inicial para a elaboración dunha guía de recomendacións neste sentido.
Mais info sobre o proxecto aquí