O pasado mes de maio a Xunta de Galicia publicou a modificación do decreto 152/2021, para regular as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeros auxilios nos espacios acuáticos naturales e instalaciones acuáticas.
Esta nova regulación serve para axudar a solventar a falta de socorristas e foi aprobada despois de meses de reunións nas que o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar estivo a carón das empresas galegas. Con esta modificación introducida incorpóranse novas vías de acceso ao Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia, tanto para a sección en instalacións acuáticas como para a sección en espazos acuáticos naturais.
Unha destas novas vías de acceso, a través da realización dun curso de formación específica en socorrismo de 240 horas, habilita a toda persoa maior de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
Asemade, con esta modificación incorpóranse ás entidades autorizadas para impartir os cursos de formación continua en materia de socorrismo ás empresas, tanto públicas como privadas, que poidan impartir esta formación.