Os días 12, 13 e 14 de xuño Pontevedra volveu a acoller unha nova edición do Galicia Sportech Congress. O evento, que nesta terceira edición instalouse na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, contou coa participación de máis de 60 ponentes, máis de 30 startups e recibiu a máis de 250 persoas de forma presencial e máis de 2.500 en online.
Na primeira xornada o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar participou nunha mesa redonda na que Sofía Toro expuso xunto a Indescat e o Andorra Esports Clúster o papel dos clústeres como promotores da innovación na industria do deporte.
Durante os días 13 e 14 de xuño celebráronse dúas xornadas híbridas en dous espazos. O primeiro deles levouse a cabo nunha sala de keynotes e mesas redondas na que foi protagonista a innovación en diferentes áreas do deporte, mentres que no segundo espazo contábase cun Showroom ou Centro Demostrador para compañías sportech.
Ao longo do evento, organizado por Diesemm, HubIN e o Concello de Pontevedra, participaron directivos de organizacións deportivas como LaLiga, NBA, Euroliga, ACB, o Johan Cruyff Institute e clubes de fútbol como o Sevilla, Real Club Deportivo de la Coruña, Club América de México ou Atlético Mineiro.
Por parte do Clúster, as empresas asociadas participaron activamente como membros de mesas redondas e tamén expoñendo o seu producto no Showroom. Así, contamos en Pontevedra coa compañía de ScoutYouPro, Tabalú, eManagym, Shop4Fit, Asesfit, Innplay e a Federación Galega de Piragüismo.
Amais, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar participou como xurado do Sportech Competition. Fran Cortegoso, directivo da entidad, foi un dos encargados de seleccionar os ganadores dun concurso tecnolóxico que contou como finalistas con PlayerON, Wuanap, Hoopers Club, Sweanty, Jummy, Coachwhisperer y Turfcoach.