O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar vén de asinar un acordo de colaboración con Galicia Sportech, nunha unión entre dúas entidades que apostan pola industria do deporte e polo seu progreso coa innovación no centro do crecemento. Este acordo, refrendado nunha reunión mantida entre José Amado, presidente do Clúster, e David Suárez, cofundador de Galicia Sportech, terá como primeira pedra de traballo o Galicia Sportech Congress, que terá lugar en Pontevedra os días 12, 13 e 14 de xuño.
Froito deste acordo, o Clúster terá unha sala específica durante o Galicia Sportech Congress co fin de levar a cabo actividades informativa e formativas para os seus asociadas así como para visibilizar o traballo das empresas da industria do deporte galego nunha contorna ideal, posto que o evento organizado en Pontevedra desde 2021 estase a consolidar como un congreso de referencia para o sector.
Pola súa banda o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar comprométese a dar apoio e axudar a consolidar un congreso no que na súa terceira edición participarán empresas e entidades de referencia como a Gasol Foundation, LaLiga ou o Cruyff Institute, entre outras moitas que xa teñen confirmada a súa asistencia ao evento.
No Galicia Sportech Congress, amais de ponencias e mesas de debate sobre o presente e o futuro da industria do deporte, haberá un concurso para proxectos que se movan no marco da innovación e a tecnoloxía no deporte (LINK para participar) e centro demostrador con stands nas que as empresas poden facer un showroom cos seus produtos (LINK para participar).
Podedes consultar máis info do evento na súa páxina web.