Entre o 13 e o 16 de abril, a cidade alemana de Colonia foi escenario un ano máis de FIBO unha das ferias da industria deportiva máis importantes do panorama internacional. Varias empresas galegas, como Máis que Auga, BeOne ou RocFit estiveron presentes na gran cita do fitness.
Alí, en Alemaña as empresas do Clúster aproveitaron para fortalecer e establecer contactos coas principais marcas do panorama. Amais, incluso houbo protagonismo para as empresas galegas, pois Egym, que conta cun dos principais expositores, elixiu para a feira a MeuFit como no dos exemplos de instalación de equipamento e deseño dos realizados ano en España.