O presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, José Amado, reuniuse este xoves 23 con Jose Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, co fin de seguir avanzando na posta en marcha dun ambicioso proxecto para a promoción da actividade física.
Este encontro de traballo serviu para avanzar no desenvolvemento deste plan, que ter por obxectivos impulsar a industria do deporte e aumentar considerablemente a porcentaxe de persoas galegas que realizan actividade física. Ambas entidades acordaron seguir traballando con máis detalle para que o proxecto bote a andar neste primeiro semestre de ano.
O Clúster Galego da Industria do Deporte incidiu na importancia de poñelo en marcha unha forte campaña de comunicación sobre a importancia da actividade física e aproveitar a ocasión para dar un impulso á dixitalización do sector, con especial énfase en acceder a ferramentas que permitan achegar o deporte aos segmentos da sociedade nos que a práctica deportiva non é maioritaria.
Ambas entidades coincidiron en recalcar que trátase dun plan de gran importancia social e económica de aumentar a poboación activa, incidindo no aforro dos custes sanitarios, o aumento da produtividade e a reactivación da industria do deporte, con potencial para converterse nun motor da economía galega.