Skip to main content

En Galicia temos un territorio ideal para gozar do deporte ao aire libre, tanto no mar como na montaña podemos percorrer o nosa marabillosa contorna coa actividade física como desculpa. Unha empresa que é un gran exemplo disto é Prado Surf, un referente no seu deporte desde fai xa 20 anos. Hoxe compartimos un rato con Adrián Seoane, un dos culpables do éxito de Prado Surf.

 

Pregunta: Cómo xurdiu Prado Surf?

Todo comezou cando, no verán de 1998, un grupo de mozos románticos con ambición de impulsar o deporte que amaban empezou a dar clases de surf no Bar Jose na praia de Prado (Nigrán)

E agora, en qué punto da súa fase de desenvolvemento está a empresa?

Actualmente contamos con centros en varias praias que consideramos estratéxicas desde o punto de vista da iniciación ao deporte, como son Patos, en Nigrán; A Lanzada, no Grove, e Bastiagueiro, en Oleiros. Tamén contamos cun equipo de competición que adestra como base nestas praias e que se desprazan cos seus adestradores a diferentes circuítos galegos e nacionais coa ambición de acadar nos próximos anos resultados a nivel europeo.

Qué plans de futuro ten Prado Surf?

Queremos apostar máis aínda pola canteira, reforzar os nosos modelos de ensinanza. O futuro pasa pola calidad pois as praias onde se practica o surf cada vez están máis saturadas. Asemade temos a ilusión de medrar no mundo das viaxes para surfistas, para isto creamos recentemente a axencia de viaxes Prado Tours que non só pretende levar a xente da comunidade galega a surfear forá, senón que tamén trata de atraer a turistas europeos ás nosas cosatas con paquetes integrais e venta en orixe.

Que ten Galicia para ser un referente no surf e un polo de atracción de visitantes de fóra de Galicia?

Galicia conta con máis quilómetros de praia que toda a costa de Asturias a Francia. É unha costa enrevesada que permite atopar case calquera día do ano condicións de ondas con boa orientación de vento, amais segue sendo salvaxe e conta cunha grande personalidade, gastronomía e prezos competitivos.

O surf ten ao seu arredor moitos valores moi beneficiosos para a sociedade. Máis aló dos beneficios a nivel de saúde de calquera actividade física o surf sempre está vencellado ao compromiso co medio ambiente. Crees que a construcción dunha sociedade máis sostible pasa por apostar por deportes como o surf?

É certo que as e os surfistas sempre tivémolo moi claro, o que buscamos é praias salvaxes en perfecto estado de conservación, non creo que exista ningún surfista que non estea concienciado co medio ambiente. Desde logo creo que o feito de que haxa máis practicantes de deportes no medio natural vai crear conciencia e vai ir da man dunha sociedade máis sá e coidada. Nas nosas escolas somos moi conscientes da importancia da labor que estamos a facer pois temos a responsabilidade de trabajar coa mocidade que vai construír o futuro.

Cónstanos que sodes unha empresa cunha grande visión de futuro e grandes ideas para situar a Galicia no mapa, tedes a sensación de que non se aposta pola industria do deporte do mesmo xeito que se fai con outros sectores?

Antes de nada, grazas polo cumplido.  Realmente o deporte en España non está ao nivel do países veciños europeos. É certo que na última década produciuse un aumento de practicantes en todos os deportes pero aínda así creo que fai falta unha mellor planificación, máis axudas para deportistas de élite e incluir a práctica de deportes na educación de forma oficial. A pesar de que moitos centros organizan excursiones para practicar surf u outros deportes, isto quédase en pequenas «experiencias», non son actividades recurrentes.

Por qué entendedes que é fundamental contar en Galicia cunha figura como a do Clúster?

Aquí no hai unha costume de asociacionismo e creo que isto é fundamental. É unha ledicia que exista unha figura de cooperación, de voz común ante os organismos, sumar esforzos é tan bo como escoitar outras ideas. Longa vida ao Clúster!

 

Aquí podedes consultar anteriores entrevistas:

10Mets

Brezzz

Leave a Reply