O pasado luns 20 de xuño quedou nomeada a nova Xunta Directiva do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, a cal estará liderada por José Manuel Amado, como presidente.
Jose Amado, fundador da entidade, estará acompañado por Pedro Iglesias, vicepresidente, e Jim Graña, vogal, como parte do bloque continuista da primeira Xunta Directiva. Amais dos tres directivos que se manteñen no Clúster desde a súa fundación, incorpóranse a Xunta Directiva 7 novos representantes de empresas da industria do deporte que aumentan a representatividade dos subsectores que constitúen o sector. Estas novas incorporacións chegan á directiva do Clúster co ánimo de darlle continuidade ao proxecto e aportar a súa dilatada experiencia en empresas de relevancia dentro da industria galega do deporte.
NOVA XUNTA DIRECTIVA
JOSE AMADO – MOTIVOS SINGULARES S.L. – (PRESIDENTE)
PEDRO IGLESIAS – SALVAR, FORMAR Y SOCORRER SL – (VICEPRESIDENTE)
PABLO TENREIRO – FCC AQUALIA S.A. – (SECRETARIO)
MARCOS FERNÁNDEZ – GAIA GESTIÓN DEPORTIVA S.L. – (VOGAL 1)
CLAUDIO ORJALES – ESPACIOS TERMOLÚDICOS S.A. – (VOGAL 2)
JACOBO LÓPEZ – GESTION CENTROS DEPORTIVOS 2020 S.L. – (VOGAL 3)
ANTONIO RODRÍGUEZ DEL CORRAL – CINFO CONTENIDOS INFORMATIVOS PERSONAL S.L. – (VOGAL 4)
JOSE MANUEL REGUEIRO – RUN MANIAK S.L. – (VOGAL 5)
FRAN CORTEGOSO – AQA VIGO XESTIÓN DEPORTIVA S.A. – (VOGAL 6)
JIM GRAÑA – SOFTEE GROUP S.L. – (VOGAL 7)