O vindeiro venres 14 de outubro desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizaremos, xunto ao Clúster da Biomasa de Galicia, unha xornada informativa conxunta sobre o uso da biomasa nas instalacións deportivas e presentar as diferentes liñas de axudas públicas nesta materia, así como analizar a problemática enerxética existente no sector deportivo.
O evento terá lugar a partir das 10.00h na Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física da Coruña e a xornada completarase con visitas ás piscinas de Oleiros e Carballo.
O programa da xornada pode ser descargado nesta ligazón.
Podes formalizar a inscrición aquí https://clusterbiomasa.gal/jornada-informativa-deporte-por-el-clima-uso-de-biomasa-en-instalaciones-deportivas/